Do 4 ao 11 de novembro
Funcións para escolares
A familia unida
Mircromina Títeres (Galicia)
Cromina, logo de ser pai, confronta a súa natureza festeira coa seriedade necesaria para optar a unha oferta laboral vitalicia. Unha reinterpretación das obras clásicas de luva na tradición de Punch, Pulcinella e o Bululú, con inimigos como a autoridade, a paternidade, o dragón ou a morte.
http://mircromina.es/es/familia-unida-2/ 50 minutos Alumnado de E.I Martes 6 / 10:00 / 12:30 CEIP A Igrexa-Calo e Auditorio Constante ListeAngelita
Tactilicuä (Catalunya)
Usando as técnicas e as rotinas propias do títere de cachaporra, o espectáculo relata a evolución persoal dunha muller que descobre que o matrimonio non é garantía de felicidade. Espectáculo para todos os públicos, mais cun compoñente de educación para a igualdade que o fai especialmente apto para público escolar.
https://www.tactilicua.com 50 minutos Alumnado de 5º e 6º de primaria Xoves 8 / 12:30 h Auditorio Constante ListeTodos ao balcón
Títeres Viravolta (Galicia)
A obra trata de recoller a tradición do teatro de títeres popular europeo. Nun retablo como os que se contemplaban nas festas e feiras que achegaban a través da cachaporra a crítica ao poder tanto eclesiástico como civil, viaxamos pola cultura europea. A cachaporra é unha parte máis do corpo Pulcinella, personaxe da Commedia dell’Arte que se extende por toda Europa emparentando ao Punch inglés, o Guignol francés, o Kasparek checo co Don Cristóbal español, o Pericu catalán, o Dom Roberto portugués… e o Barriga Verde galego. En Todos o balcón! aparecen os arquetipos que percorren o teatro de monicreques popular. O Padre (cura), Don Acacio (o indiano retornado), Paulino (policía), Teódulo (alcalde, representante da autoridade), Veleutina (a moza)… Tanto os diálogos como as accións móvense en tempo allegreto nun pequeno retablo de marionetas de luva e nunha estilizada escenografía.
https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/todos-ao-balcon/ 50 minutos Alumnado de 4º da ESO Venres 9 / 13:00 IES de TeoAuga que non vas beber
Fantoches Baj (Galicia)
Con moita música, Inacio e Almudena transportarannos, de forma divertida e con fino humor, ao terreiro das aventuras e desventuras amorosas do Xosé e a Carolina baixo a libidinosa tutela do padre Bastián, cura de Agolada. Unha ducia de cancións do patrimonio musical latinoamericano vanse integrando na trama e serán cantadas en directo polos dous actores e acompañadas por Almudena Vidal coa guitarra, o cavaquiño, a viola e unha variedade de percusións como a pandeireta, o adufe, a lata de pemento picante, o reque-rreque e o bombo. Entre as cancións que se representan están “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Bastián”, “O cura está malo”, “Portuguesiña”…
https://urdime.gal/project/auga-que-non-vas-beber/ A partir de 14 anos Domingo 4 / 18:00 Asociación A Mámoa, Iglesia, 18 – LuouFuncións para o público xeral
A familia unida
Mircromina Títeres (Galicia)
Cromina, logo de ser pai, confronta a súa natureza festeira coa seriedade necesaria para optar a unha oferta laboral vitalicia. Unha reinterpretación das obras clásicas de luva na tradición de Punch, Pulcinella e o Bululú, con inimigos como a autoridade, a paternidade, o dragón ou a morte.
http://mircromina.es/es/familia-unida-2/ 50 minutos A partir de 14 anos Martes 6 / 18:00 Asociación Recreativa e Cultural Os TilosBarriga Verde ataca de novo
Títeres Alakrán (Galicia)
Un feirante de roupa, desesperado polas nulas ventas, vese sorprendido pola aparición dun empresario de sona mundial, que lle merca todo o xénero tenderete incluído. O empresario dase de conta de que o tenderete é unha vella estrutura teatral que lle evoca a súa infancia nas romerías galegas, e adquíreo en troques de que lle faga a representación do mítico Barriga verde. O feirante -que é un descendente lonxano do mítico Barrigaverde- tentará como poida, facer a representación. A partires de aquí sucederánse os números máis famosos, dende a tourada, o militar, o enterro e por suposto a sempre elegante aparición do demo… Cumprirá o empresario o seu trato?
Títeres Alakrán reinterpreta a obra clásica cun único manipulador que ademais recupera o tradicional emprego da palleta para lle pór voz aos personaxes.
https://titeresalakran.wordpress.com/ 60 minutos Todos os públicos Venres 9 / 18:00 Sociedade Recreativa San Xoán de Calo, Igrexa, 12, Calo.As varietés do Barriga Verde (ESTREA)
Títeres Alakrán (Galicia)
Titiriberia aposta por reconstruír, desde unha óptica actual, o espectáculo que a familia Silvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación da obra de Barriga Verde. Canción Melódica, malabares, equilibrismo e números de clown sucederanse nun ambiente de cabaret, nun espectaculo orientado a público adulto que se presentará na véspera da Feira de Francos e na propia carballeira da feira.
Preténdese a un tempo recrear o ambiente da barraca “Pavillón da Risa”, que a familia Silvent moveu polas feiras galegas durante a primeira metade do século XX, e incluír unha actividade cultural na véspera da feira de Francos, cando acode moita xente da contorna para degustar o polbo.
O espectáculo estará conducido pola actriz e cantante Iria Pinheiro, co acompañamento musical de Alonso Caxade (trombón), Paco Nogueiras (acordeón) e Joám Casas (clarinete) e actuacións de Monicreques de Kukas, Diego Anido, Arturo Nono, Títeres Alakrán, Tanxarina Títeres e Mircromina.
A intención é que esta montaxe, producida desde a propia organización do festival, poida xirar con posterioridade en diferentes feiras tradicionais e eventos que están a contar de xeito habitual con títeres tradicionais.
120 minutos Persoas adultas Sábado 10 / 21:30 Barraca na Carballeira de Francos.Animación de rúa
Títeres Alakrán e Seidedos Marionetas
A recrear os espectáculos de porta que a familia Silvent, como moitos outros feirantes, facían na entrada das súas barracas para chamar o público, un grupo de artistas animará a feira de Francos e chamará pola participación dos asistentes. Un zancudo, o cego coas súas coplas ou o pallaso farán do campo da feira un lugar de divertimento.
Pases de 30-50 minutos antes das funcións Todos os públicos Domingo 11 / desde ás 11:00 horas Feira de FrancosTeatro Dom Roberto
SAMarionetas (Portugal)
A veterana compañía portuguesa, tendo tido o privilexio do contacto directo co Mestre António Dias, un dos últimos fantocheiros populares portugueses, recreou, a partir do seu testemuño, duas pezas, “O Barbeiro” e “A Tourada”. Mais recentemente, e procurando preservar esta forma de arte tradicional, a compañía recuperou tres pezas máis do repertorio de Teatro de Robertos: “A Rosa e os 3 Namorados”, “O Castelo dos Fantasmas” e “O Saloio de Alcobaça”. Todas estas pezas serán representadas durante o Titiriberia durante a feira de Francos, un dos espazos típicos nos que se representaba esta forma tradicional de teatro.
http://www.samarionetas.com/teatro-dom-roberto-samarionetas 50 minutos Público familiar Domingo 11 / Funcións de Mañá e tarde Barraca na Feira de FrancosDona Barriga Verde (ESTREA)
Larraitz Producións Artísticas (Galicia)
A actualizar o legado da tradición galega, a titiriteira vasco-galega Larraitz Urruzola achega unha nova versión ao personaxe tradicional. A nova montaxe, que se estreará en primicia durante a edición do 2018 do festival, supón unha actualización das formas e dos xeitos do clásico títere de cachaporra, cunha protagonista feminina que sen perder os gags clásicos, revisa os roles de xénero e aos estereotipos desta tradición. A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico, documentación e apoio á difusión.
40 minutos Todos os públicos Domingo 11 / 12:00 Barraca na Feira de FrancosStorie di Pulcinella
Lisa Bencivenni (ITALIA)
seguir tradición napolitana do teatro de bonecos de rúa, Lisa Benciveni presenta a súa reinterpretación do “guarattelle”, con Pulcinella como vehículo para “rir dos medos, da precariedade e exorcizar a violencia”. Bonecos de material reciclado permítenlle a esta titiriteira tratar con humor temas como a morte, a natureza, o poder ou a relixión.
Público Familiar Domingo 11 / Funcións de mañá e de tarde Barraca na Feira de FrancosActividades
A muller nos títeres tradicionais
Mesa redonda
A coincidir coa estrea da primeira versión de Barriga Verde con protagonista feminina, Titiriberia aproveita para reflexionar sobre o papel da muller nos títeres tradicionais. Ao igual que noutros campos da tradición, tamén nesta arte popular se deu a repetición de estereotipos sobre o xénero e o papel o comportamento da muller. Nese sentido, a necesidade de reflexionarmos e reconstruírmos as mensaxes que a este respecto se achegan deste os títeres tradicionais aparece como algo fundamental para avanzar na recuperación dos mesmos. En paralelo, cómpre reivindicar o papel das mulleres no mundo dos títeres. O ocultamento dos manipuladores por tras dos teatriños ten facilitado a asunción de que todos os titiriteiros eran homes. A redescuberta de figuras como Julia Silvent, que manexaba os bonecos de Barriga Verde na zona de Monforte e Ourense, abre novas vías neste sentido. Profesionais dos títeres e das artes escénicas, Larraitz Urruzola, Cristina Collazo e Isabel Rei, moderadas pola investigadora Comba Campoi, abordarán estas cuestións.
60 minutos +16 anos Venres 9 / 20:00 Mediateca do GriloMonicreques de luva con material de refugallo
Obradoiro
Neste obradoiro cada participante elaborará unha marioneta de luva con materiais que en moitos casos estaban a destinados a rematar no lixo. A dinámica do obradoiro será a dun taller aberto, é dicir, durante o tempo da actividade as crianzas poderán achegarse libremente a facer a súa marioneta. Os e as monitoras apoiarán o traballo dos nenos/as, guiándoos nos aspectos técnicos pero respectando a creatividade de cada participante.
90 minutos +5 anos, acompañados por adulto. Inscrición previa Domingo 11 / 11:00 Feira de FrancosTíteres en igualdade
Obradoiro
A partir dunha peza de títeres de cachaporra, preséntase unha situación de desigualdade e un conflito que se resolve de xeito violento. As persoas participantes deberán reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. As solucións quedarán plasmadas en pequenas pezas que serán representadas cos monicreques que os propios/as participantes constrúan con materias de refugallo moi sinxelos.
120 minutos Adultos do centro de día de ASPAMITE Xoves 8 / 16:30 Centro de día de ASPAMITE, Travesia das Galanas, 71 – Calo