Titiriberia 2020. Olladas sobre os cristovos
Programa completo da edición 2020
Descarga o programa en PDF: cartaz_programa_V.pdf
Ou mirao directamente neste link na nosa web: Programación 2020
O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles/as que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.
Sete días de programación no tempo de Nadal, para gozar de espectáculos, charlas, mesas redondas, cursos e exposicións en diferentes espazos do concello. Este ano, ademais, poderase asistir a todas as actividades a través da Rede.
Propostas dirixidas a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra.
Todas as actividades estarán dispoñibles en vídeo na canle do festival durante catro días, para que as restricións de capacidade non impidan que calquera poida desfrutalas tamén desde a casa na nosa canle de youtube: