Petrushka

Nacemento

Rusia, s. XVII, aínda que é na década de 1830 cando incorpora os trazos de Pulcinella.

Físico

Gran nariz e unha xiba, ás veces dúas. Un sorriso terrorífico ilumina o seu rostro. Case sempre leva un bonete e unha camisa vermellos. Ás veces ten dúas pernas que lle colgan ao sentar no borde da escena. Interpretábase coa palleta (pichtchik en ruso).

Carácter

É un mozo pícaro, alegre, vividor, valente e pelexador. Encarna os valores do pobo ruso da época, unhas veces no rol de labrego emigrado na cidade e outras como rebelde contra o despotismo dos zares. Personaxe nihilista e independente. Foi utilizado polos soviets con fins propagandísticos. Co seu pau vence aos representantes da autoridade, pero finalmente é derrotado por un can que representa simultanemente a morte e o Diaño. Polo tanto, é o único membro da familia que remata traxicamente.

Parentesco

Algúns autores buscan as súas raíces en Asia ou na propia Rusia, mais a partir do s. XIX adoptou moitos dos trazos do Pulcinella chegado de Italia.