Don Cristóbal

Nacemento

Madrid, s. XVIII.

Físico

Existen moi poucos datos sobre a aparencia do personaxe. Podería semellarse ao indiano cornudo retratado por Goya, ou ao Polichinelle con algunhas variacións.

Carácter

Os investigadores distinguen dous tipos para o personaxe: o do amo e o do criado. O primeiro é Don Cristóbal Polichinela, home vello, mercador de mulleres e cornudo. É moito menos simpático que os seus parentes europeos. Goza dunha riqueza ilicitamente conseguida e pode chegar a matar pola súa honra. O segundo tipo pertence ás clases populares e por iso a xente refírese a el en diminutivo: cristobitas. O pobo non ri del, senón con el.

O actor e titiriteiro Gonzalo Cañas tiña unha elaborada teoría acerca do personaxe, que reproduce Toni Rumbau no seu blogue.

Parentesco

Fillo directo do Pulcinella napolitano. Sabemos que os cristovos eran os títeres que había en Galiza antes de Barriga Verde, dos que este adquiriu algúns trazos, polo que pode considerarse que Don Cristóbal ten algo que ver na paternidade do heroe galego.

O historiador dos títeres en España Adolfo Ayuso presentou no pasado Simposio Internacional sobre Polichinela, celebrado no Institut dell Teatre de Barcelona en novembro de 2014, un completo “Informe para tallar un rostro a Cristóbal Polichinela” que desenvolve polo miúdo as distintas teorías sobre o personaxe.

 

Federico García Lorca inspirouse na tradición dos cristobitas para escribir dúas pezas: El retablillo de Don Cristóbal e Tragicomedia de Don Cristóbal y la Señá Rosita. O artista e titiriteiro Hermenegildo Lanz foi o encargado de tallar os bonecos para a primeira representación daquela obra, que hoxe reproducimos aquí cedidos polo seu neto Enrique Lanz, de Títeres Etcétera.

cristoballanz