Kasparek
Nacemento
Praga, fin do s. XVIII, co nome de Primperle, que até 1815 non muda polo de Kasparek.
Físico
Leva bigote e perilla. Represéntase maiormente coa técnica de fíos. De tamaño menor que o resto de personaxes da peza, o que o fai lembrar ao bufón anano das cortes e permite que os seus movimentos sexan áxiles, en contraste coa solemnidade dos personaxes principais. Viste un traxe tradicional e un bonete con axóuxeres.
Carácter
Era o personaxe secundario que servía de contrapunto cómico á trama seria. Enclenque e contraditorio, debátese entre a covardía e o valor, o sacrificio e a preguiza, a xenerosidade e a codicia… Consegue vencer os seus rivais coa súa astucia, gañando a simpatía xeral pola súa honestidade. Adoitaba facer de intermediario entre o público popular e os personaxes heroicos das pezas románticas.
Parentesco
O seu nome procede do Kasper austríaco.