Polichinelle
Nacemento
París, 1630.
Físico
O seu traxe, inicialmente vermello con galóns verdes, devirá multicolor no curso dos séculos. Ten dúas xibas, unha delas na barriga. Non leva máscara, mais si un nariz afiado e un queixo prominente. Din que podería ser unha caricatura de Henrique IV.
Carácter
Polichinelle é o criado bufón por excelencia.
Vividor, afeccionado á bebida, de linguaxe libre; pode ser cruel. Non ten medo de ninguén e bate na súa muller, no veciño, no gato, no can, no comisario e mesmo no Diabo.
Parentesco
Fusión probable dun tipo tradicional francés co personaxe de Pulcinella, que trouxeron a París os comediantes italianos. É posíbel que del descendan directamente os personaxes de Punch, Petrouchka e Kasperl.