…e despois, o espectáculo

Ilustración dunha figura do período romano representando a Maccus.
Na Antiga Grecia, berce do teatro occidental, atopamos as primeiras referencias ás marionetas como expresión dramática desvinculada das súas orixes rituais. No Banquete de Xenofonte aparece a primeira mención escrita a un titiriteiro profesional: un de Siracusa que fixo danzar os seus bonecos para delicia dos asistentes, entre os que se atopaba Sócrates.
As marionetas eran utilizadas como entretemento para a aristocracia e o pobo, e mesmo chegarían a actuar no teatro Dionisios, onde se representaran as grandes traxedias de Esquilo ou Sófocles.
Desde Grecia, o teatro de títeres estendeuse á Península Itálica. Durante o Imperio Romano acadaron grande popularidade as farsas atelanas, breves pezas que parodiaban os poderosos. Considérase que un dos personaxes deste teatro, Maccus, é o antepasado de Pulcinella.