Pulcinella
Nacemento
Acerra, perto de Nápoles. Finais do s. XVI (ainda que podería ser moito máis vello).
Físico
Cunha pequena xiba, Pulcinella leva unha semi-máscara negra, un vestido branco e un bonete aguzado en forma de mitra.
Carácter
Personaxe fondamente ambivalente: rural e urbano, masculino e feminino… Transgresor, astuto e argalleiro, mais tamén aparvado, vítima das falcatruadas dos poderosos aos que, porén, sempre vence.
Pode desempeñar diversos oficios.
Carácter fondamente popular.
Parentesco
Fillo probábel de Maccus, personaxe das farsas atelanas. Tamén se di que naceu dun ovo ou que se trataba dun vendimador de Acerra chamado Paolo Cinelli, reclutado por unha compañía de comediantes pola súa graza. Del descende toda a estirpe dos heroes da tradición europea de títeres de cachaporra.