Os anos gloriosos das marionetas europeas

Pulcinella

Burattini_ca_1770

Gravado do pintor veneciano Francesco Maggiotto, 1770

No s. XVI nace en Italia a Commedia dell’Arte, probable herdeira da tradición das atelanas e dos títeres populares. Desde Nápoles esténdese por Europa como teatro de máscaras e nos teatriños dos bonequeiros ambulantes. Pulcinella, un dos seus personaxes, tivo tanto éxito que se estendeu por toda Europa con distintas denominacións. Os seus descendentes, se ben adaptados á lingua e as particulariedades de cada país, manteñen uns trazos comúns que explican a querencia do pobo: a súa irreverencia e falta de medo ao poder, ao que acaban derrotando grazas á súa astucia (e coa axuda da súa inseparábel cachaporra!).

O Renacemento constituíu un período de esplendor para a arte das marionetas: ademais dos teatriños das feiras e os bululús solitarios, grandes compañías representan para os públicos refinados das cortes. As marionetas de vara e de fío ou os autómatas fan as delicias de monarcas como Carlos V e a máquina real pon en escena, durante a Coresma, as pezas de teatro de actor nos corrales de comedias do Reino de España.

Os folkloristas de mediados do XIX chamaron a atención da importancia cultural das marionetas tradicionais europeas, xusto cando moitas desas expresións corrían risco de desaparecer.John McCormick