A finalidade de Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, é dar a coñecer a
tradición titiriteira ibérica da que fai parte o personaxe de Barriga Verde, como o seu representante
último e máis coñecido en Galicia, e as profundas conexións coa tradición europea. Ademais, quere servir
como punto de encontro para todas as persoas, profesionais e afeccionados, que queren recuperar a
memoria deste espectáculo así como o traballo de feirantes e titiriteiros que durante anos foron unha
parte fundamental do ocio e que se asentaron como parte do imaxinario común do país.