Exposición
Onde foi Barriga Verde?
A mostra retrotráenos ao comezo das investigacións actuais sobre Barriga Verde, salientando a escaseza de material existente sobre a figura e amosando o proceso de esquecemento da mesma. As conexións europeas da obra do personaxe, a situación actual deste legado ou o mundo das feiras e a súa evolución son temas que tamén se abordan nunha linguaxe sinxela e complementados con ilustracións, mapas e fotografías.
Todos os públicos do 30 de novembro ao 9 de decembro Auditorio Constante ListeObradoiro – Acto escolar
Monicreques en igualdade
A partir dunha peza de títeres de cachaporra (técnica empregada no espectáculo de marionetas de Barriga Verde), preséntase unha situación de desigualdade e un conflito que se resolve de xeito violento. Os/as participantes deberán reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. As solucións quedarán plasmadas en pequenas pezas escritas que serán representadas cos monicreques que os propios/as rapaces/as constrúan con materias de refugallo moi sinxelos.
Alumnado 1º da ESO 09:35 IES de CacheirasMonicreques – Funcións para escolares
Pinocho, el niño de madera
Titelles Vergés
Adaptación para títeres do famoso contó protagonizada polo clásico títere guiñol catalán. Ocasión única para desfrutar dunha nova versión de Pinocho creada sobre a tradición e frescura dos putxinel.lis, onde os cativos e as cativas animan constantemente os seus personaxes e os gritos e as risas mestúranse cos sorrisos dos adultos, nun espectáculo participativo que se desenvolve a un ritmo moi alto.
11:00 – CRA de Teo 12:30 – E.I e 1º Ciclo de E.P do CEIP da Ramallosa Auditorio Constante ListeMonicreques
Perico sin miedo
Titelles Vergés
A cargo da histórica Titelles Vergés tamén desfrutaremos da versión de Xan sen medo con títeres clásicos de cachaporra e na que o público volve ser protagonista.
Todos os públicos (+ 3 anos) 18:30 Auditorio Constante ListeCharla
Introdución ao títere catalán
Sebastià Vergés representa a terceira xeración da compañía Titelles Vergés que seu avó creara fai máis de 100 anos. Este titiriteiro renovador e continuador da tradición que aprendeu na casa, da man do seu avó, do seu pai e do seu tío, aproximaramos á morfoloxía, historia, manipulación e rutinas de Pericu, o títere tradicional catalán.
Todos os públicos 19:30 Auditorio Constante ListeProxeción de documental e coloquio
Morreu o demo, acabouse a peseta
O documental Morreu o Demo, acabouse a peseta, dirixido por Pedro Solla e producido por Tintimán Audiovisual, amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta. A seguir, membros do equipo do documental e da AC Morreu o Demo desenvolverán un debate cos asistentes sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade.
Todos os públicos 21:00 Mediateca do GriloObradoiro
Marionetas de papel
Nestes obradoiro cada un dos participantes elaborará unha marioneta de luva, con material tan sinxelo como é o papel. A dinámica do obradoiro será a dun taller aberto, é dicir, durante os 90 minutos que dura a actividade os/as nenos/as poderán achegarse libremente a facer a súa marioneta. Os/as monitores/as apoiarán o traballo dos nenos/as, guiándoos nos aspectos técnicos pero respectando a creatividade de cada participante.
+5 anos, acompañados por un adulto. 11:30 Auditorio Constante ListeMonicreques
Cristobitas
Títeres desde Abajo
“Cristobitas” é o nome polo que se coñecen os títeres de luva en Andalucía. Baixo este título Títeres desde Abajo presenta un formato versátil no que teñen cabida diferentes propostas: pezas breves que van xurdindo polos camiños, fragmentos doutras obras da compañía, clásicos dos grandes mestres titiriteiros e colaboracións de amigos e compañeiros do oficio. Un espectáculo promiscuo, de rúa e popular, suxeito á improvisación.
Todos os públicos (+3 anos) 12:00 Auditorio Constante ListeMonicreques
Pulchinellis
Siesta Teatro
Punchinelis é un espectáculo que continúa mediante títeres de luva a tradición dos guiñois de cachaporra. Por séculos Puncha, a fera, o policía, a morte e o demo correron e esquivaron os golpes da estaca, a provocar a risa e os berros do público, caeron mortos e resucitaron ao momento para continuar coas súas piadas e bailes.
Todos los públicos (+4 anos) 18:30 Auditorio Constante ListeCharla
A tradición ibérica
Adolfo Ayuso
Un dos principais investigadores do teatro popular a nivel ibérico, Adolfo Ayuso, explica as orixes, evolución e características da familia de títeres peninsular. Desde a chegada de Polichinela, procedente de Italia, e a súa fusión paulatina cos tipos preexistentes no teatro de marionetas da península, Ayuso percorrerá as peripecias do personaxe até converterse en Don Cristóbal e acabar perdendo o “Don” nos tipos populares coñecidos como “cristobitas” en Andalucía ou os “cristovos” galegos, manexados polos cegos monifateiros nas romarías até principios do século XX.
Todos os públicos 20:00 Biblioteca dos TilosMesa redonda
A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais?
A recente detención dos membros da compañía Títeres desde Abajo puxo sobre a mesa a cuestión de como se perciben as montaxes de títeres tradicionais.
Coa participación de varios titiriteiros, investigadores e membros da comunidade educativa exploraremos as diferentes visións sobre a violencia entre bonecos no escenario e as vías para resolver esta controvertida cuestión. Modera Comba Campoi.
Monicreques – función escolar
Teatro Dom Roberto
RedCloud Teatro de Marionetas
Dom Roberto, protagonista do teatro popular de fantoches portugueses a partir do século XVIII, é considerado hoxe en día como Património Imaterial Português. Sara Henriques recupera neste espectáculo dúas pezas do repertorio clásico de Dom Roberto “A Tourada” e o “O Barbeiro”, seguindo a versión que creara nos anos 80 Joāo Paulo Seara Cardoso e na que Dom Roberto se converte no heroe inmortal do pobo! Dom Roberto mata a propia morte!
1º da ESO 13:35 IES de Cacheiras Todos os públicos 17:35 Mediateca do GriloMonicreques
Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón
Viravolta títeres
Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos ao cárcere. Nestas andanzas inspirouse Valle-Inclán para escribir “Las galas del difunto”.
Todos os públicos 18:15 Mediateca do GriloMonicreques
Barriga Verde ataca de novo
Títeres Alakrán
A compañía galega reinterpreta a obra clásica de Barriga Verde cun único manipulador que ademais recupera o tradicional emprego da palleta para lle pór voz aos personaxes. Poderemos desfrutar dos números máis famosos, dende a tourada, o militar, o enterro e por suposto a sempre elegante aparición do demo.
Todos os públicos 19:15 Mediateca do GriloColoquio
Lembranzas de Barriga Verde
A seguir da función de Títeres Alakrán artellarase un coloquio animando ao público a compartir os seus recordos sobre o xeito no que se celebraban antano as feiras e celebracións locais, e o papel que nelas xogaban os títeres. O acto terá o formato dunha merenda, para facilitar a conversa distendida e a participación do público asistente.
Todos os públicos 20:00 Mediateca do GriloConcerto – Peche do festival
Caxade
Concerto de presentación de Isto é o amor, o segundo disco de estudio da banda de “Folk-Pok de Banda de Música” liderada por Alonso Caxade.
Todos os públicos 21:00 Auditorio Constante Liste