Os postos
Na feira podíanse adquirir numerosos produtos do campo e obxectos de artesanía, alimentos elaborados e bálsamos milagreiros vendidos por charlatáns… Manuel García Barros, nas Aventuras de Alberte Quiñoi, ofrece un valioso testemuño do que se podía atopar na feira estradense do “Un” a finais do s.XIX
Canta cesta!
Cestas e carabelas coas servilletas que as cobrían medio volteadas, para que se vise o que tiñan. Peras de todas as castes, ameixas, cirigüelas, fatóns, claudias, pexegos, pavías, peladillas, figos coa boca regañada de maduros… Máis adiante, facendo recodo, comenzaban os postos de queixos, que as vendedoras calaban cunha navalla dándolle a proba ós que iban a compralos. Seguían os postos de carne: xamóns, touciños, untos, chourizos… Nun recanto estaban as mulleres de pé cos cestos na man abertos, nos que se vían bolos de manteiga fresca e cuncas de manteiga cocida.
tocaban a san e non a rachado.
(…)
Un home de lavita e sombreiro de cu redondo, rubido de pé nunha mesa, comía estopas ardendo meténdoas con afinco coas mans por entre os dentes. A boca botáballe fume, coma a chimenea do cura en día de festa. (…) Deque comeu as estopas, inda fomegándolle a boca, púxose a apregoar un bálsamo milagroso que vendía nunhas caixiñas de lata.
trepias, fouces…
Botóns que feguraban de ouro,
outros de vidro, de todos os cores e feituras; alfeniques con cabeza de vidro pintado, pendentes, crocetas, navallas, espellos, cintas de seda, gramáns, puntillas, trenzas de barbilla e de alpaca, coas de vidro labrado e sin labrar, e unha chea de cousas máis que non daba dito nin visto.
teas pra saias e pra chambras,
pintadas con frores, estrelas, paxaros, ou con listas entrelazadas de cores combinados.
os bolicheiros.
Alí estivo ollando cómo chegaba algún paduano a darlle á roda, que se cernía pasando a balea polos cravos. Ó redor tiña pousadas unha chea de cousas, tales coma macillos de “mataquintos”, navallas de patacón, espellos do mesmo precio, caixas de mistos e papeles de alfariques. Il, de boa gana, lle daría unha volta a ver que lle saía, que as máis das veces era nada (…)