Aragosi
Nacemento
Exipto, onde chegaría da man de viaxeiros europeus no s. XVII.
Físico
Cabeza de madeira, grandes ollos negros subliñados con kohl, bigote pintado, hábito vermello.
Porta un bonete vermello chamado tartour (igual có de Petrushka) e leva o mesmo pau ca toda a familia de Pulcinella. Exprésase cun pito de coiro chamado amana, moi semellante á palleta.
Carácter
Temperamento forte, agudo, burlón e testán.
Heroe popular satírico que fixo da idiotez a súa arma; finxe ser parvo para agochar a súa artimaña e vencer o tirano ou o estranxeiro indesexábel.
O bastón (a cachaporra) ten un rol esencial: representa a xustiza que o pobo querería aplicar aos poderosos. Emprega a lingua da rúa, con groserías e insultos.
Parentesco
Presenta unha mestura das culturas do Islam, Europa e o Antigo Exipto. O seu nome ten orixe turca, vinculado ao personaxe de Karagöz, e o seu carácter seméllase ao de Pulcinella.
Fragmento do Leila el-kebira (A Grande Noite), obra emblemática do Teatro de Títeres do Cairo estreada arredor de 1970, na que van circulando polo escenario un tras oturo os personaxes populares da rúa cairota: vendedores de Humus, de pistachos, un circo e un teatrño de títeres de Aragosi no que o protagonista canta coa palleta.