Karagöz

Nacemento

Turquía, s. XVII. Unha lenda di que Karagöz e o seu compañeiro Hacivat eran dous albaneis que traballaban na construción dunha mezquita.

O sultán mandounos executar por distraer os seus compañeiros. Estes botábanos tanto en falta que os convertiron en figuras do teatro de sombras.

Físico

Xiba, nariz ganchudo, barba negra redondeada e queixada prominente. A súa pupila negra mira de frente. Viste cores abigarradas e un chapeu extravagante, que lle cae amosando a súa calvicie. Ten un brazo desproporcionadamente longo que remata nunha man enorme, e que fai as veces de vara.

Carácter

Karagöz é pobre e pai de familia numerosa, sedutor, adúltero e obsceno. Adoita aparecer xunto ao personaxe de Hacivat, que ten unha linguaxe moito máis refinada.

Parentesco

Discútese se a súa orixe é india, persa ou chinesa, se procedería das farsas atelanas do Imperio Romano ou do teatro de sombras exipcio. No s. XIX exténdese polo Mediterráneo oriental e meridional, deixando descendentes en Siria, África do Norte e nos territorios do antigo Imperio Otomano, como Grecia, onde adopta o nome de Karaghiosis.