A Área da Cultura da Deputación da Coruña apoiou a entidade en diferentes convocatorias das súas liñas de subvencións para Festivais, Actividades e Investimentos Culturais.
Así, O Ministerio de Cultura e Deporte apoiou con diferentes axudas do programa de Acción e Promoción Cultural
Pola súa banda, UNIMA, a organización internacional que agrupa aos titiriteiros do mundo, manifestou o seu respaldo ao proxecto Barriga Verde.
A AC Morreu o Demo colabora estreitamente con diferentes entidades no cadro do proxecto Barriga Verde. Trátase de empresas, institucións e colectivos que queren traballar tamén pola recuperación do personaxe.
- Museo do Pobo Galego: Desde o nacemento de MoD, o Museo colaborou co seu coñecemento na posta en marcha da asociación e coa organización da mostra “Barriga Verde, de feira en feira”.
- Produtora Tintimán: Responsable do primeiro documental sobre Barriga Verde, editado pola asociación, participa nas iniciativas audiovisuais da mesma.
- Títeres Viravolta: Autores da recreación da obra e da barraca da familia Silvent. Colaborouse na creación da obra “Barriga Verde de Manuel María” e contribuíron co seu coñecemento sobre o mundo dos títeres tradicionais na exposición “Barriga Verde, de feira en feira” ou na organización do festival Titiriberia. Difunden o traballo de MoD na súa actividade habitual.
- Títeres Alakrán: Responsable dunha nova versión do personaxe tradicional. Participan da organización de actividades como os obradoiros e difunden o traballo de MoD na súa actividade habitual.
- Larratiz Urruzola Títeres: Coprodución da obra “Dona Barriga Verde”. Asesoramento e intercambio de experiencias no traballo cos títeres tradicionais.
- Museo Galego da Marioneta: Ademais de achegar abondosa documentación, entrevistas e información sobre o mundo dos títeres tradicionais galegos, o centro fíxose depositario permanente das pezas orixinais da familia Silvent e colaborou na organización de exposicións e actividades. A súa sede en Liñares tamén serviu como base de operacións para diferentes iniciativas da asociación.
- Grupo de investigación Cidadanía e Comunicación da USC: O grupo achega á asociación asesoramente técnico e colaboración material no desenvolvemento dos produtos audiovisuais do proxecto. En paralelo, a asociación comparte do grupo as súas experiencias, metodoloxías de traballo e contidos.
- Museo etnográfico de Castilla y León: O centro acollerá no primeiro trimestre de 2019 a exposición “Barriga Verde. De feira en feira” e diferentes actividades paralelas da asociación.
- Asociación Cedofeita: Pioneira na recuperación da memoria de Barriga Verde, MoD promoveu a publicación da biografía que o seu presidente Xaime González realizou sobre José Silvent. Ademais, acolleu diferentes iniciativas de MoD e contribuíu en iniciativas de recuperación da memoria.
- Concello de Rianxo: Colabora desde o 2020 na organización do Festival Titiriberia
- Concello de Teo: Colaborou desde 2016 ate o 2019 na organización do festival Titiriberia.
- Deputación de Lugo: Exposición “Barriga Verde. De feira en feira”
- Topic: O Centro do Títere de Tolosa (Guipúscoa) achegou pezas para a exposición “Barriga Verde, de feira en feira” e acolle na actualidade esta mesma exposición. Intercambio de información e contactos.
- A gramola gominola: Este grupo de música infantil creu unha canción con Barriga Verde como protagonista a partir da documentaicón e asesoramento achegado por MoD
- Cultura do país: A asociación acolleu actividades de MoD e amosou o seu interese por colaborar na recuperación de Barriga Verde.
- Aspamite: Este colectivo da atención a persoas con discapacidade acolleu o pasado ano un dos obradoiros da asociación e está a se desenvolver unha colaboración estable de actividades arredor dos títeres tradicionais para o seus usuarios.
- Residencia As Dores (Lalín): A asociación desenvolveu entre o outono de 2017 e o comezo de 2018, unha serie de actividades de memoria para persoas da terceira idade. En colaboración co persoal da residencia elaboráronse unha serie de obradoiros adaptados e outras actividades que aproveitaron o potencial evocador dos títeres para traballar as lembranzas dos residentes.
- Outras asociacións: AC Bela Auria, APC Ponte nas ondas!, CCP Xaquín Lorenzo, Escola Superior de Arte Dramática…
Asemade, o proxecto ten recibido o apoio financeiro de distintas institucións.