Títeres de tese
O venres 5 de febreiro, en coincidencia feliz co comezo do Entroido, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acolle a lectura dunha investigación pioneira. Comba Campoy, secretaria da Asociación Cultural Morreu o Demo, defende a súa tese de doutoramento O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960).
Este concienzudo estudo aborda o xeito no que os espectáculos de títeres (en concordancia coa traxectoria histórica que seguiron por toda Europa), tamén serviron en Galiza para dar expresión ás preocupacións, anceios e queixas das poboación máis humilde contra os abusos do poder. Na súa análise, Comba aborda a propia historia dos Silvent e das barracas con que estes artistas percorreron o país durante boa parte do século XX. Ademais, analiza o xeito no que os seus espectáculos daban acubillo a críticas contra a igrexa, o autoritarismo ou o estamento militar, a se adaptadar en moitas ocasións a contextos locais. Un traballo revolucionario que, con certeza, ha contribuír a pór en valor este legado de resitencia que son os nosos títeres populares e amosará como, sen dúbida, Barriga Verde ten aínda moito que dicir na sociedade actual.
Para aqueles interesados na cuestión, e mentres agardamos pola publicación da tese, achegamos aquí o artigo completo que Comba realizou para o catálogo Barriga Verde. De feira en feira, no que aborda de xeito somero estes mesmos temas.
Títeres e resistencia Artigo de Comba Campoy para o catálogo Barriga Verde. De feira en feira