Apresentamos o libro-DVD

Desde a Asociación “Morreu o Demo” para a recuperación do títere tradicional galego estamos felices de vos anunciar que maña sábado ás 19h presentaremos no cadro da Feira do Libro de Santiago de Compostela o primeiro froito deste traballo colectivo. Trátase do libro-DVD no que se recolle o documental producido por Tintimán Audiovisual no 2012, e máis de 60 páxinas de contidos que contribúen a situar á lectora na rica tradición da que Barriga Verde é parte.

Enviamos nota de prensa con información sobre o acto que terá lugar maña, xunto coa capa do libro DVD, deseñado por Heitor Real.

Agardamos poder contar coa vosa presenza, e agradecemos de antemán a difusión que poidades darlle a este evento.