Os bonecos de José Silvent

  • Cabeza Lérez
  • morto3
  • morto1
  • EstacaLerez
  • AmpliLerez
  • CabezaLerez
  • MonecoLerez
  • Touro4
  • Touro5
  • MonadeLerez
  • Mona do Norte. M Lorenzo con Juan Silvent. A foto pasóunola Santi Prego
  • cura
  • demo
  • AlfonosTecnico
  • MonecoDeLerez
  • cura2
  • MonaLerez2
  • demo

 

 

Malia a dous incendios que destruíron boa parte do material custodiado pola familia, Alfonso Silvent garda aínda un bo feixe dos bonecos que o seu pai José empregou durante anos nas súas funcións por todo o país.

Aínda que están sen datar, verifícase a existencia de dous tipos de bonecos, un máis traballados que José Silvent encargou e outros, de aparencia máis tosca, que el mesmo tallou a punta de navalla. As vestimentas, que se foron substituíndo segundo se desgastaban, foron realizadas por Emerenciana, muller de José e nai de Alfonso. Os bonecos tamén sufriron co tempo diferentes repintados e foron preservados do deterioramento, aínda que nalgúns casos só se conservou a cabeza.

Nalgúns casos (o cura, o demo, Rosiña, o cadaleito, o touro) está claro o papel que o títere desenvolvía na obra. No entanto, continuamos sen saber con certeza se un deles era asignado de xeito habitual ao heroe. Segundo lembraba Alfonso, o seu pai collía o que estaba máis a man para ocupar o papel protagonista.

As fotografías foron realizadas por Julio Balado, de Títeres Viravolta, durante a visita que os membros da compañía realizaron á casa de Alfonso en Lérez a comezos dos anos 90.
demo MonaLerez2cura2 MonecoDeLerez curaMonadeLerezMona do Norte. M Lorenzo con Juan Silvent. A foto pasóunola Santi PregoMonecoLerezAlfonosTecnicoCabeza Lérez     Touro5 Touro4  AmpliLerezCabezaLerez   morto1 morto3 moneco_demoEstacaLerez