Por vez primeira, logo de medio século…

bonecos_alfonso_silvent_vitrina_casa

A exposición “Barriga Verde. De feira en feira” que abre venres no Pazo de San Marcos de Lugo amosará POR VEZ PRIMEIRA unha mostra dos bonecos orixinais que José Silvent empregaba no seus espectáculo. Ademais, a exposición recupera, tamén en primicia, algunhas das pezas orixinais da barraca e das atraccións de feira que os Silvent levaron por toda Galicia.

Cedidos amablemente pola súa familia para a ocasión, é a primeira vez que este material saenda casa desde que percorría o país a divertir a crianzas e maiores! Non perdas a ocasión de coñecer esta parte da nosa historia, un espectáculo único na memoria popular!

Esta mostra supón unha oportunidade única para que todo o público nos axude a resolver unha das grandes incógnitas sobre o personaxe a partir das súas lembranzas…. Como era Barriga Verde?

Podes ollar máis bonecos dos conservados pola familia de José Silvent nesta galería.

touro_alfonso_silvent_expo

O temíbel touro tamén estará presente na mostra

Cabezas de bonecos conservadas pola familia de Alfonso Silvent

Cabezas de bonecos conservadas pola familia de Alfonso Silvent

Ademais poderías gostar de...