Pontevedra vai de feira!

A exposición Barriga Verde. De feira en feira chega ao Pazo da Cultura da cidade do Lérez

defeira_en_feira_lalin1

 

 

Con 7.000 visitas xa as costas e logo das paraxes en Lugo, Compostela e Lalín, a mostra Barriga Verde. De feira en feira achégase a Pontevedra. Entre o 16 de abril e o 31 de maio a sala de exposicións do Pazo da Cultura acolle o percorrido polas feiras e polo mundo dos títeres que propón a Asociación Cultural Morreu o Demo.

Xogos interactivos propios das feiras, exemplos das mercadorías que estaban presentes nestes eventos ou un set fotográfico de “a minuto” permitirán ao público integrarse nom mundo no que se desenvolvían as actuacións dos títeres tradicionais galegos.

A exposición presta especial atención á parentela europea de Barriga Verde, unha ampla tradición de títeres con séculos de historia da que o títere galego fai parte. Deste xeito, a iniciativa pretende reivindicar a importancia deste patrimonio inmaterial da nosa cultura, inxustamente esquecido, situándoo à par de figuras internacionalmente recoñecidas como Pulcinella ou Punch entre moitas outras. Así, no Museo poderán verse pezas vidas de toda Europa que representan os diferentes homólogos de Barriga Verde que poboan o continente.

O proxecto achega ao público por vez primeira, logo de medio século, unha mostra dos bonecos orixinais que José Silvent empregaba no seus espectáculo. Ademais, a exposición recupera, tamén en primicia, algunhas das pezas orixinais da barraca e das atraccións de feira que os Silvent levaron por toda Galicia.

A mostra irá acompañada de diferentes actividades que se irán anunciando. Os contidos están dispoñible en liña neste mesmo web