Para animar a feira en Pontevedra

Como non podía ser menos, a nosa exposición Barriga Verde. De feira en Feira conta tamén cun feixe de actividades paralelas para animar a feira.

O calendario o vindeiro 9 de maio cun Obradoiro de xogos de feira dedicado aos máis novos.  Nesta actividade achegarase aos/ás cativos/as aqueles xogos de antano que poñían a proba ás habilidades (forza, puntería…) e boa sorte dos/as xogadores e cos que se seguen a divertir nenos/as e maiores.
Para nenos/as a partir de 6 anos acompañado/as por unha persoa adulta. Inscricións no Pazo ou no correo comunicacion@pazodacultura.org

Un prato forte chega o 14 de maio cun acto no que se presentará en primicia o catálogo da exposición. A obra colectiva supón un ambicioso proxecto no que, canda os contidos e fotografías de material que se pode ver na mostra, recóllense diferentes artigos sobre o mundo dos títeres (españois, galegos e europeos), a vida dos feirantes, o mundo das feiras ou a relación destes espazos co xogo tradicional, entre outras cuestións.

No mesmo día, poderá asistirse á proxección do documental Morreu o Demo, acabouse a peseta dirixido por Pedro Solla e producido por Comba Campoy, un traballo pioneiro que explora a relación dos títeres galegos e europeos e permite coñecer diferentes expresións da obra que aquí coñecemos como Barriga Verde.

Para rematar, o vindeiro día 28 Xaime Iglesias visitará o Pazo da Cultura para presentarJosé Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde, a primeira biografía deste titiriteiro que deu a coñecer o personaxe por todo o país.

Máis información no noso Facebook
e no web do Pazo da Cultura.