Os títeres lembran a Antonio Fraguas
Como bo investigador da nosa cultura popular, don Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, coñecía e gustaba do títere tradicional galego e asistiu a funcións de Barriga Verde. Segundo sinalaba, o espectáculos dos Silvent era un exemplo do que el chamaba “sorna morna”, o humor propio do noso pobo.
Con estes antecedentes, non podían faltar os títeres na celebración do Día das Letras. A nosa compañeira Larraitz Urruzola achega co espectáculo Antón Fraguas e a festa dos monicreques o traballo etnográfico do autor ao mundo dos bonecos máis tradicionais. A se basear na figura de Mamá Antonia, que criou a Fraguas e o introduciu no mundo dos contos e do saber popular, Urruzola amosa os bonectos que se facían nas casas con obxectos cotiáns como culleres ou ferramentas canda aos que se construían con millo e outros elementos naturais. Ademais de falar do homenaxeado e do seu traballo, Larraitz aborda tamén da importancia do traballo de recollida e de manter memoria das tradicións, e menciona o labor da nosa asociación arredor do mundo das feiras e dos títeres tradicionais.
Podedes ver o seu espectáculo o día 14 en Barbadás ás 12,30h e na bibliotecas de Ares ás 20h, o 15 en Bergondo ás 11,30h, o 16 na Laracha ás 18h… e o 17 de maio Dona Barriga Verde no Festival Etnográfico Raigame (e o 19 no Festival Titeres de Redondela ás 19h)
Sorna Morna, cantar acoas vacas e un transistor.
Canda a ela tamén o noso compañeiro Anxo García está presente na celebración co espectáculo Contos de Antón Fraguas: Historias de galos, galiñas, ovos e pitas. Un repaso por historias sobre pitas poñedoras ou galos festeiros recollidas polo autor homenaxeado no día das letras acompañados de varios bonecos galiñáceos.