“Dona Barriga Verde” íntegro en Youtube

A titiriteira Larraitz Urruzola acaba de publicar na rede o vídeo íntegro de <i>Dona Barriga Verde</i>, a súa anovada versión do clásico títere galego con protagonista feminina. A montaxe, con dirección de Santi Prego, foi coproducida pola Asociación Morreu o Demo e estreouse no último festival Titiriberia.