Barriga Verde (Racha cos fios): Unha nova canción para un vello títere

Aproveitamos o vídeo-resumo da última edición do Titiriberia con imaxes da Feira Cabalar de Francos de 2017, para presentar unha nova achega arredor do noso títere tradicional máis querido.

Da man do noso compañeiro Germám Ermida, responsable da melodía e da letra, e con música e interpretación de Berni Martínez, lanzamos Barriga Verde (Racha cos fios), unha canción que reimaxina este personaxe como un exemplo de loita contra a autoridade. A letra preséntanos un Barriga Verde que participa das loitas sociais e que renega de calquera autoridade, a recuperar o espírito subversivo do títere e adaptalo aos nosos tempos cunha grande liberdade creativa.

Barriga Verde (Racha cos fios)

Nom há gente como esta
Havede-la ver nas festas
nom che é um pailám da capital
reina nos coches de choque
bota peito e toda a noite
anda ao pogo e a bailar ská

E depois como se nada
já está às seis na barricada
tratorada ou luita do metal
porque nom che atopa pausa
na revolta está na casa
e acelera cada dia mais

Ainda há pouco tivo um cristo
por berrar contra um ministro
seica pola Lei de Educaçom
está em todo o que se move
contra os que nos dim que chove
pero em realidade mixam por nós

Barriga Verde!
(corta cos fios)
Barriga Verde!
nom sejas monicreque!
Barriga Verde!
wireless total
Barriga Verde!
luita contra

E tira da cachaporra
tanto tem qual seja a hora
nom respecta nem o juíz nem a lei
já lhe pugérom condena
mas rachou com a cadeia
e agora falta quem o poida deter

Leva anos polas feiras
a bater sempre em quem queira
nom fuxiu nem cando a Guerra Civil
sempre da banda correcta
bate certo a quem lhe aperta
porque o mesmo lhe tem dar cem que mil

Tem andar de reincidente
de estar na beira da gente
a sua autoridade é do milhor:
nom lhe vem dada de arriba
ninguém manda no Barriga
ele é librepensador.

Barriga Verde!
(corta cos fios)
Barriga Verde!
nom sejas monicreque!
Barriga Verde!
wireless total
Barriga Verde!
luita contra o capital!