Barriga Verde no Museo Reina Sofía

Un novo recoñecemento para Barriga Verde chegou este mes de outubro. O Museo Reina Sofía quixo contar para a súa exposición Esperpento. Arte popular y revolución estética cunha selección das pezas orixinais que a familia Silvent empregaba para o espectáculo orixinal de Barriga Verde. A xenerosidade da familia de Lérez fixo posible, coa mediación da AC Morreu o Demo na xestión e na documentación, que un touro, un demo, un cura, o cadaleito e un barco estean expostos no marco este interesantísimo proxecto.

Segundo explica a presentación da mostra no web do Museo Reina Sofía, “Esta exposición aborda el concepto de «esperpento» como un núcleo de pensamiento estético susceptible de ofrecer una nueva perspectiva para entender la realidad. Formulado por el escritor Ramón María del Valle-Inclán (1866-1936) como herramienta de cuestionamiento crítico, en reacción al atraso y la desesperanza moral que asolaba España en el primer tercio del siglo XX, el esperpento confrontó el encorsetamiento social, político y cultural del país, insistiendo en el distanciamiento de la mirada y en una serie de estrategias estéticas que desplegaron su máxima eficiencia en la deformación.

A diferencia de otras manifestaciones culturales de lo grotesco que emergieron en Europa, en las que la distorsión monstruosa encarnó lo absurdo de la vida durante esa época, el esperpento propuso una nueva estética que conllevó un compromiso de renovación de las estructuras sociales. A través de una amplia selección de documentos y obras artísticas de diversa índole, esta exposición examina los principales temas y estrategias que articulan el esperpento, poniendo de relieve que es una propuesta estética que ha sobrevivido el tiempo y pensamiento de Valle-Inclán”.

De xeito máis concreto, a vitrina dedicada a estes elementos recolle o barco da escenografía da obra O descubrimento de América, montada por José Silvent probablemente en 1942. Tamén se poden ver as marionetas orixinais de José Silvent, retocadas polo seu fillo Alfonso, a representar os personaxes do Demo e do Cura. O enxeñoso cadaleito, cun morto que se erguía accionado cun aramio desde a parte inferior, e mais o monicreque de vara dun touro completan as pezas expostas. Aos títeres actualmente presentes na exposición engadiranse en breve unha serie de cabezas empregadas tamén nos espectáculos dos Silvent, que na actualidade están a ser sometidas a tratamentos de conservación polo persoal do Museo.

Estas pezas artesás que percorreron o país atópanse á par de pezas de artistas como Castelao, Laxeiro, Arturo Baltar, Maruja Mallo ou Conde Corbal, ademais de múltiples elementos arredor das obras dramáticas de Valle-Inclán, creador do esperpento. A mostra atende tamén a títeres de fóra do noso país coa presenza de pezas do Teatro dei Piccoli de Vittorio Podrecca, sobre o que tratou precisamente a mesa redonda do último festival Titiribeira, a atender á súa pegada no noso país, (podes vela aquí).

Velaquí tres imaxes das pezas de Barriga Verde na exposición (da autoría de María Silvent), canda a imaxes de detalle das mesmas tiradas do catálogo da exposición Barriga Verde. De feira en feira, que desenvolveu a nosa asociación. Podes acceder aos contidos desta mostra aquí e descargar o catálogo en pdf aquí.