Barriga Verde na xornada Retos na Xestión do Patrimonio Inmaterial

 

O pasado mes de maio a Asociación Cultural Morreu o Demo foi convidada a participar na xornada Retos na Xestión do Patrimonio Inmaterial que se desensvolveu no Consello da Cultura Galega. Para alén de coñecer diferentes iniciativas de recuperación destes elementos, o colectivo puido expor alí, da man da nosa secretaria, Comba Campoi, o traballo que estamos a facer para recuperar e dignificar o patrimonio dos títeres tradicionais galegos. Agora, o web do Consello da Cultura Galega achega os vídeos daquela xornada, entre eles a intervención da nosa compañeira Comba Campoi, que pode ser vista na súa totalidade.