Barriga Verde en 2024
Co premio de UNIMA como acontecemento máis destacado, pero tamén con fitos como a presenza no Museo Reina Sofía, o retorno ás festas da Ascensión en Compostela ou unha maior presenza do títere tradicional en diferentes festas populares, o ano 2024 resultou memorable para a recuperación do títere tradicional galego.
Acabamos de incorporar á nosa sección de memorias un resumo do traballo realizado pola Asociación Morreu o Demo ao longo deses doce meses, nos que tamén destaca a continuidade da Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos de Teo , unha nova edición de Titiriberia e a intensa actividade que está a desenvolver o programa didáctico Da Barraca á Aula, cunha rede de centros e entidades cada vez máis extensa.
Bota un ollo a todo o que fixemos no pasado ano aquí!