Barriga Verde en 2022

Barriga Verde no Titiriberia. Fotografía de Manuel Silva.

Acabamos de incorporar á nosa sección de memorias un resumo do traballo realizado pola Asociación Morreu o Demo ao longo de 2022. A edición do Titiriberia, maior do que nunca e a explorar novos espazos de colaboración coa comunidade, aparece como un grande logro para nós. Canda a iso, o retorno da Barraca de Barriga Verde ás festas da Ascensión de Compostela e a consolidación da súa presenza na Feira de Francos de Teo amosan un crecente interese por reincorporar o personaxe a festas e feiras, agardamos que continúe!
Tamén debemos salientar o crecemento que está a experimentar o programa didáctico Da Barraca, co que estamos a tecer toda unha rede de centros de ensino e persoas colaboradoras que nos achegan grandes perspectivas de cara ao futuro.

Bota un ollo a todo o que fixemos no pasado ano aquí!