Acabou o Titiriberia
A Feira de Francos foi todo un éxito para a segunda edición do Titiriberia. A barraca sempre chea, e máis funcións que houbese, amosan como o este espazo continúa a ser un lugar propicio para os títeres. Se ben noutros lugares o festival non conseguiu concentrar as mesmas multitudes, quedamos ben contentes co resultado. Unha mesa redonda fructífera e cun ambiente inmellorable, a proxección dun filme que sorprendeu a propios e a extraños, uns obradoiros que superaron as nosas expectativas de implicación e participación e, por suposto, un programa que amosa a tremendísima calidade de titiriteiros tradicionais de diferentes lugares de Europa deixan un bo sabor de boca e anímannos a seguir mellorando para o vindeiro ano.
Moitas grazas por todo, prometemos ir facéndoo cada vez mellor!