Borja Insua incorpórase á AC Morreu o Demo

Os tres bonecos de Barriga Verde. De esquerda a dereita, o de Alakrán, o que supostamente empregaba José Silvent e o de Viravolta

Os tres bonecos de Barriga Verde. De esquerda a dereita, o de Alakrán, o que supostamente empregaba José Silvent e o de Viravolta

Unha nova incorporación afortala o Proxecto Barriga Verde da Asociación Cultural Morreu o Demo. Borja Ínsua é o responsable de Títeres Alakrán e recentemente levou a escena Barriga Verde ataca de novo a súa versión da obra clásica que a familia Silvent paseou por toda Galiza durante décadas.

Agora, o “Tarantino dos títeres galegos”, como lle gusta definirse, intégrase neste proxecto e achega as súas ideas e gana de traballar á recuperación do noso títeres tradicional máis querido. Como parte deste proceso, a súa montaxe sobre Barriga Verde pasará a facer parte do noso catálogo de actividades, aínda que por suposto, Títeres Alakrán manterá a súa independencia empresarial e artística a respecto desta iniciativa.

Deste xeito, Alakrán súmase á larga lista de entidades que colaboran con este proxecto, como son Títeres Viravolta, o Museo Galego da Marioneta, Tintimán Audiovisual, O Clube da Esquina, o Museo do Pobo Galego ou Urco Editora e Sacaúntos Cooperativa Gráfica.

En breve publicaremos a nova versión do noso catálogo de actividades no que, canda a Barriga Verde ataca de novo haberá outras novidades dispoñibles para a programación de centros culturais e de ensino, museos, bibliotecas e todo tipo de entidades interesadas polo mundo do títere tradicional.

borja_viravolta_BV2

O Barriga Verde de Alakrán canda ao de Viravolta