As fotografías históricas

  • barraca_sen_timpano
  • barraca_sen_timpano
  • Silvent & Jiménez
  • Silvent & Jiménez2
  • Barriga Verde Berres
  • entrada_jose_silvent
  • pabellon_risa_jose_silvent
  • Miróns na barraca de Barriga Verde no Berbés. 1956
    Miróns na barraca de Barriga Verde no Berbés. 1956. Faro de Vigo
  • porta_bV_farodevigo
  • BV_vega
    José Silvent no San Froilán
  • Berbés, 1956
    Fotografía de Siorty para Faro de Vigo
  • porta_bv_berbes_1956_siorty

Son moi escasas aínda as fotografías localizadas que amosan a barraca Melodías de España de José Silvent ou as que levaban os seus irmáns. Amosamos aquí as que demos compilado ao longo dos últimos anos de investigación, coa esperanza de que, aos poucos, se poida ir completando o arquivo fotográfico sobre Barriga Verde.

barraca_sen_timpano

Unha das barracas dos Silvent, co tímpano sen montar.

 

pabellon_risa_jose_silvent

José Silvent, sobre unha escaleira, ante a porta do Pabellón de la Risa. Fotografía de Vega Publicada en El Progreso.

 

José Silvent no San Froilán

Outra imaxe de Vega que retrata a José Silvent no San Froilán

 

atraccion_fora_da_barraca

José Silvent, vestido de pallaso, na porta da barraca e onda a súa filla.

 

entrada_jose_silvent

Entrada para as funcións de José Silvent.

 

Barriga Verde Berres

A barraca dos Jiménez.

Os  Jiménez, que levaban unha barraca de Barriga Verde desde a Estrada. Segundo as investigacións realizadas ata o momento, estes titiriteiros eran familiares de Julia Silvent, residente en Ourense, que colaboraba con eles en ocasións na manipulación dos títeres.

Silvent & Jiménez2

Entrada ao espectáculo da compañía de Julia Silvent.

<i>El Pueblo Gallego</i> publicaba o 29 de agosto de 1956 dúas imaxes realizadas por Secundino Iglesias Ortigueira “Siorty” da Barraca de José Silvent. Biblioteca Marioneta recolle o artigo.

Fotografía de Siorty para Faro de Vigo

Fotografía de Siorty para El Pueblo Gallego.

 

Miróns na barraca de Barriga Verde no Berbés. 1956. Faro de Vigo

Miróns na barraca de Barriga Verde no Berbés. 1956.  El Pueblo Gallego.

porta_bV_farodevigo