José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde

libro

José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde

Xaime Iglesias González
Nº DE PÁXINAS: 235
FORMATO: 230 x 153 mm
ISBN: 978-84-15699-28-6
PREZO: 15 €
José Silvent Martínez non naceu en Galiza, pero respirou aires galegos desde novo. Acadou unha popularidade sen precedentes cun espectáculo ambulante, que percorreu festas e romarías, no que os monicreques, sinaladamente o heroe Barriga Verde, eran o elemento máis atractivo.

A presente publicación, elaborada con agarimo e rigor, trata de dar a coñecer a vida, arte e realizacións deste titiriteiro, sen dúbida, o máis popular da nosa terra durante o século pasado, que, polas súas excepcionais calidades persoais e artísticas, converteuse no mítico Barriga Verde para o público, que o aplaudía afervoadamente, así como para boa parte dos bonequeiros galegos.

Con linguaxe coloquial e estilo sinxelo, o autor sitúao nos contextos social e histórico e destaca a relevancia que tivo o seu espectáculo de monicreques para a nosa lingua e para a nosa cultura, pois os bonecos, falaban galego, nun tempo en que estaba desprezado e mesmo perseguido.

Editado por Urco Editora coa colaboración do Concello de Pontevedra como parte do Proxecto Barriga Verde.

Mércao no web de Urco Editora