Vídeo íntegro da mesa “A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais?”

A AC Cultural Morreu o Demo orgúllase de poder presentar na súa canle de Youtube os vídeos co debate íntegro  “A vixencia da cachaporra: Violencia nos títeres tradicionais?” que se celebrou o pasado 8 de decembro no marco do I Titiriberia en Teo.

O historiador Adolfo Ayuso, o membro de Títeres desde AbajoAlfonso Lázaro, a titiriteira Larraitz Urruzola e Manuel Dios, responsable do Seminario Galego de Educación para a Paz, compartiron as súas visións e argumentos sobre a problemática de achegar os títeres tradicionais ao público actual.

Con este encontro, Morreu o Demo quere contribuír ao debate sobre os xeitos nos que se pode adaptar e comprender este legado, do que fai parte Barriga Verde, nos tempos que corren.

Ademais do debate completo, tamén se poden ver na canle diferentes intervencións dos participantes, aos que queremos agradecer a súa colaboración a esta necesaria reflexión colectiva.

Ademais poderías gostar de...