Do 9 ao 15 de novembro

Funcións para escolares


Fábula Galénica, de Fantoches Baj

Fábula Galénica, de Fantoches Baj

Fábula galénica

Fantoches Baj (Galiza)

O espectáculo Fábula Galénica interprétase dentro dunha preciosa radio antiga e presenta unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. Narrado coma se dun programa de teatro radiofónico se tratase, conta como nun pobo ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo. Isto obriga ao Burro da Tía Lola xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna. A obra foi galardoada co VIII Premio Barriga Verde de Textos de Teatro para Monicreques (Modalidade infantil).

https://urdime.gal/project/fantoches-baj/

60 minutos

Alumnado de Primaria

Martes 12 / 10:30 / 12:30

Auditorio Constante Liste

"Mamulengo Capiroto" de Marcelo Lafontana

“Mamulengo Capiroto” de Marcelo Lafontana

Mamulengo Capiroto

Marcelo Lafontana (Portugal)

O Barriga Verde brasileiro, o Mamulengo, chega ao Titiriberia da man de Marcelo Lafontana, titiriteiro afincado en Portugal. Novos acentos e formas achegan como se entende da outra banda do Atlántico esta tradición escénica. Cun alto compoñente de improvisación, esta espectáculo baséase nunha interacción constante co público con grandes doses de música e danza, que completan en grande medida o que os bonecos apenas chegan a dicir.

https://www.lafontana.pt/espectaculo.asp?id=29

45 minutos

Alumnado da ESO do IES Cacheiras

Martes 12 / 13:35 h

Salón de Actos do IES Cacheiras

El faldón de la locura

La pícara locuela (Segovia)

A actualizar a tradición do bululú, unha das formas máis antigas de teatro ambulante de títeres, a compañía La Pícara Locuela transforma unha faldón nun teatriño no que se desenvolven as obras de títeres. O espectáculo presenta os números “El pícaro burlado” e “El panadero y el diablo”, dous clásicos da escena arxentina que entran así en contacto coa escena galega. Unha proposta que destaca a técnica de manipulación dos títeres no que a esencia deste xénero se mestura coa orixinal posta en escena.

http://lapicaralocuela.com/bululu-o-el-faldon-de-la-locura/

55 minutos

Alumnado de E.I.

Xoves 14 / 10:00 / 12:30

Auditorio Constante Liste

Funcións para o público xeral

Barriga verde, de Viravolta Títeres

Barriga verde, de Viravolta Títeres

Barriga Verde

Viravolta Títeres (Galiza)

Mesturando a tradición do títere galego coa europea, o espectáculo presenta cinco situacións que Barriga Verde, coa axuda da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.

http://www.viravoltatiteres.com

50 minutos

Público Familiar

Sábado 9 / 18:00

local da A.C A Mámoa

Juego de Polichinelas

Juego de Polichinelas

Juego de Polichinelas

La pícara locuela (Segovia)

Espectáculo tradicional inspirado nos guaratelle napolitanos. O personaxe de Polichinela é o heroe popular que fai xustiza a golpe de cachaporra e faise a voz do pobo sobre o escenario. Un ritmo vertixinoso e unha coreografía vigorosa actualizan este clásico, coa peculiaridade ademais de apostar por un personaxe feminino. La Pícara Locuela é a única heroína popular castelá deste tipo. O seu carácter recio, pícaro e saleroso lévaa a empregar a cachaporra de xeito diferente e máis sutil do que o seu homólogo masculino.

http://lapicaralocuela.com/juego-de-polichinelas/

60 minutos

Público Familiar

Venres 15 / 18:00

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo, Igrexa, 12, Calo.

Áureas

Áureas

As varietés do Barriga Verde

Títeres Alakrán (Galiza)

Concha Cocos (Iria Pinheiro), unha famosa diva vida a menos, será a anfitrioa do Titiriberia e recibirá á audiencia co seu estilo decadente e cabareteiro. Ademais de presentar o evento deleitará ao público cunha serie de adiviñacións sobre a actualidade política e económica en directo. O conxunto internacional Áureas interpretará os ritmos bailables dos anos 20 nunha mestura de música e teatro, intercalados entre números de clown, escapismo e manipulación de obxectos nun ambiente de cabaret a conformar un espectáculo orientado a público adulto que se presentará na véspera da Feira de Francos na propia carballeira da feira. Preténdese a un tempo recrear o ambiente da barraca “Pavillón da Risa”, que a familia Silvent moveu polas feiras galegas durante a primeira metade do século XX, e incluír unha actividade cultural na véspera da feira de Francos, cando acode moita xente da contorna para degustar o polbo. Pajarito, Maria Dobronich (Arxentina), Quinquilláns, Trécola e Alakrán farán parte deste espectáculo. Como novidade, este ano as Áureas percorrerán a Feira de Francos de xeito previo ao espectáculo de Varietés, para animar a contorna.

120 minutos

Persoas adultas

Domingo 10 / 21:00 (Pasarruas) / 21:30 (Varietés)

Barraca na Carballeira de Francos.

Animación de rúa

Animación de rúa

Animación de rúa

Títeres Alakrán, Seidedos Marionetas e a Cia. Indignati da asociación Galega de Commedia dell´arte

A recrear os espectáculos de porta que a familia Silvent, como moitos outros feirantes, facían na entrada das súas barracas para chamar o público, un grupo de artistas animará a feira de Francos e chamará pola participación dos asistentes. Farsas a tres con Pulcinella, Colombina e o Demo, un zancudo, o cego coas súas coplas ou o pallaso farán do campo da feira un lugar de divertimento a recuperar antigos xeitos de entretemento e historias con séculos de tradición.

Pases de 30-50 minutos antes das funcións

Todos os públicos

Luns 11 / desde ás 10:30 horas

Feira de Francos

Pullchinella, de Irene Vecchia

Pullchinella

Irene Vecchia (Nápoles)

Desde Nápoles chega ao Titiriberia un dos mellores exemplos existentes dos guaratelle napolitanos, tradición titiriteira con 500 anos de existencia á que se remonta a orixe de Barriga Verde. O protagonista, un ser libre con voz máxica, renova en escena o eterno conflito entre ben o mal. Acompañado da súa amada Teresina, un can, a morte, o carabineiro ou monxe son algúns dos contrincantes cos que se atopa. Un espectáculo cheo de ritmo que achega ao noso escenario os xeitos orixinais esta antiga tradición.

http://www.irenevecchia.com/

50 minutos

Todos os públicos

Luns 11 / 12:30

Barraca na Feira de Francos

Mamulengo Capiroto, de Marcelo Lafontana

Mamulengo Capiroto, de Marcelo Lafontana

Mamulengo Capiroto

Marcelo Lafontana (Portugal)

O Barriga Verde brasileiro, o Mamulengo, chega ao Titiriberia da man de Marcelo Lafontana, titiriteiro afincado en Portugal. Novos acentos e formas achegan como se entende da outra banda do Atlántico esta tradición escénica. Cun alto compoñente de improvisación, esta espectáculo baséase nunha interacción constante co público con grandes doses de música de danza, que completan en grande medida o que os bonecos apenas chegan a dicir.

https://www.lafontana.pt/espectaculo.asp?id=29

45 minutos

Todos os públicos

Luns 10:30 / 16:00

Barraca na Feira de Francos

Barriga Verde ataca de novo - Titeres Alakran

Barriga Verde ataca de novo – Titeres Alakran

Barriga Verde ataca de novo

Títeres Alakrán (Galiza)

Os números máis famosos do mítico Barriga Verde, desde a tourada, o militar, o enterro e por suposto a sempre elegante aparición do demo, fan parte desta proposta na que Títeres Alakrán reinterpreta a obra clásica cun único manipulador que ademais recupera o tradicional emprego da palleta para lle pór voz aos personaxes.

https://titeresalakran.wordpress.com/espectaculos/barrigaverde-ataca-de-novo/

45 minutos

Todos os públicos

Luns 11 / 11:30

Barraca na Feira de Francos

Camiño de aventuras - Titeres Cachirulo

Camiño de aventuras – Titeres Cachirulo

Camiño de aventuras

Títeres Cachirulo (Galiza)

Personaxes vinculados á tradición Xacobea, como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, entre outros, danse cita neste espectáculo co que Cachirulo vencella os títeres co Camiño de Santiago. Un novo xeito de actualizar e integrar novas formas de patrimonio inmaterial e achegar estas tradicións ás novas xeracións.

http://www.titerescachirulo.com/gl

55 minutos

Público familiar

Mércores 13 / 18:30

A. R. C. Os Tilos

Actividades

“Onde vai a cachaporra? Titeres tradicionais no panorama galego”

Mesa redonda

Este encontro reunirá membros das compañías participantes no evento con persoas do sector tirititeiro galego. A mesa, que será gravada e difundida con posterioridade, pretende repasar a situación do títere tradicional no actual panorama de titiriteiros e titiriteiras do noso país e debater as posibilidades e problemas da súa integración nos repertorios das diferentes compañías e nas programacións culturais de hoxe. Irene Vecchia, titiriteira napolitana, Xose Vidal Topo, director de escena e Doutorado no Teatro de Obxectos de Galicia, e Os Monicreques de Kukas, moderados pola titiriteira Lalinense Pilar Álvarez Blanco, compartirán as súas experiencias neste sentido. Con esta actividade integramos na actividade do festival a Casa Grande de Cornide. Este establecemento de Turismo Rural foi no seu día casa do republicano e libreiro Manuel Tarrío, que se tivo que exiliar logo do golpe fascista de 1936. Con esta proposta queremos recuperar para a actividade cultural un espazo de especial significancia en Calo.

90 minutos

Aberto a calquera persoa adulta amante dos títeres

Sábado 9 / 20:00

Casa Grande de Cornide, Teo

A grande familia do títere europeu

Exposición

Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper… todos os representantes internacionais desta familia represéntanse nunha serie de paneis contextualizándoos e a explicar a súa evolución e diferenzas.

Do 15 de outubro ao 15 de novembro

Piscina Municipal Cuberta de Teo

Onde foi Barriga Verde?

Exposición

Unha reflexión xeral sobre o personaxe e o seu esquecemento en dez paneis ilustrados a toda cor. A historia dos Silvent, a importancia das feiras, o patrimonio inmaterial ou a tradición dos títeres europeos son algúns dos temas que se tratan.

Domingo 10 e Sábado 11

Barraca na Feira de Francos