Teaser da exposición Barriga Verde, de feira en feira

Polo San Froilán de 2014 abría as súas portas no Pazo de San Marcos de Lugo <i>Barriga Verde, de feira en feira</i>. Desde aquela, un total de 11.174 persoas achegáronse ao mundo das feiras e dos títeres tradicionais nas paradas que a mostra realizou en Compostela, Lalín, Pontevedra e Ribadavia.

Na actualidade, a AC Morreu o Demo está a reorganizar a exposición para a facer máis accesible a diferentes concellos, institucións ou entidades culturais. Se alguén ten interese en seguir o regueiro de éxito deste mundo, non ten máis que nos contactar. O novo teaser da mostra, gravado por No Major Films no Museo Galego da Marioneta de Lalín, permite coñecer a incríbel atmósfera que se pode desfrutar mergullados entre vellos bonecos, postos de feira, antigos proxectores e sons de antano.

E lembrade que os contidos da mostra están dispoñibles en liña no noso web