Publicacións de Xaime Iglesias

libroO un de outubro presentouse na Casa das Campás en Pontevedra o libro “José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde” de Xaime Iglesias. Editado por Urco, na súa colección Niké, a publicación contou co apoio do Concello de Pontevedra e enmárcase dentro do Proxecto Barriga Verde.

Xa no ano 2001 A “Asociación Cedofeita” de Lérez publicara “Barriga Verde, un persoeiro con engado” de Xaime Iglesias onde se conta de maneira sinxela a historia de José Silvent Martínez, “Barriga Verde”,  titiriteiro que deu vida ao famoso títere do mesmo nome.

 

 

 

 

 


O ano anterior, no número catro da Revista Cedofeita, xa aparecera un artigo de Xaime Iglesias, titulado “Barriga verde : Un creador, un personaxe, un espectáculo”