Rosalía celébrase con títeres! Como exemplo, velaquí tedes o traballo que están a facer no CEIP Castelao de Rianxo. O centro fai parte do programa didáctico Da Barraca á Aula, que desenvolvemos co apoio de Cultura da Deputación da Coruña…
Publicacións de Xaime Iglesias
O un de outubro presentouse na Casa das Campás en Pontevedra o libro “José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde” de Xaime Iglesias. Editado por Urco, na súa colección Niké, a publicación contou co apoio do Concello de Pontevedra e enmárcase dentro do Proxecto Barriga Verde.
Xa no ano 2001 A “Asociación Cedofeita” de Lérez publicara “Barriga Verde, un persoeiro con engado” de Xaime Iglesias onde se conta de maneira sinxela a historia de José Silvent Martínez, “Barriga Verde”, titiriteiro que deu vida ao famoso títere do mesmo nome.
O ano anterior, no número catro da Revista Cedofeita, xa aparecera un artigo de Xaime Iglesias, titulado “Barriga verde : Un creador, un personaxe, un espectáculo”
1 - 1 week 3 days ago