Boa parte das persoas que fan parte da AC Morreu o Demo desenvolven a súa actividade organizados en grupos de traballo temáticos. Artes escénicas, memoria audiovisual, edición e comunicación, pensamento e educacación… son algunhas das áreas nas que abordamoss. Velaqui están dispoñibles a composición dos nosos grupos de traballo e a súa traxectoria desde o nacemento do colectivo.

GRUPO DE MEMORIA E PATRIMONIO TITIRITEIRO

O obxectivo deste grupo é afondar no coñecemento sobre as compañías, técnicas, personaxes e  públicos do títere tradicional en Galicia. Deste xeito, desenvolve investigacións e proxectos de  recuperación de memoria e de reivindicación deste patrimonio.

Para isto desenvolve as seguintes actividades:

  • Realización de entrevistas a persoas históricas do ámbito dos títeres ou a  persoas de idade que lembran estes espectáculos.
  • Pescudas hemerográficas e bibliográficas sobre este patrimonio.
  • Elaboración de informes para promover o recoñecemento deste patrimonio por  parte das autoridades competentes.
  • Asesoramento a persoas dedicadas á investigación, institucións ou colectivos  con interese por estas cuestións.
  • Divulgación, por diferentes métodos e soportes, deste coñecemento, asesorando  a asociación no aspecto histórico e patrimonial nos seus proxectos.

Coñece máis sobre este grupo 

GRUPO DE PENSAMENTO  E TEORÍA DO TÍTERE

O obxectivo deste grupo e facilitar o coñecemento e a valoración desta forma de arte escénica e  fornecer a sociedade de ferramentas para a comprensión e desenvolvemento da mesma. Para isto desenvolve accións nos diversos campos:

  • Elaboración de artigos, ensaios e contidos en calquera soporte sobre o seu obxecto de  traballo.
  • Elaboración das xustificacións teóricas en todos os informes, memorias e solicitudes da  asociación.
  • Elaboración do marco teórico de cara a conseguir a declaración de Barriga Verde como  Ben de Interese Cultural e outros recoñecementos específicos
  • Representación da AC Morreu o Demo en foros de investigación, medios de  comunicación e outros espazos en todo o que se refira ao títere tradicional.
  • Organización de encontros e foros de debate sobre o títere tradicional
  • Asesoramento sobre cuestións vencelladas ao títere tradicional para institucións,  colectivos ou compañías teatrais.
  • Elaboración dos contidos didácticos da asociación, en particular o proxecto Da Barraca  á aula.
  • Seguimento dos estudos sobre o títere en Galicia e no exterior, mantemento de contactos  con profesionais desta arte, a procurar a difusión do legado do títere tradicional.
  • Coordinación da participación da AC Morreu o Demo no estudo Titeredata sobre o  estado do Sector do Teatro Visual, de Títeres e de Obxectos no estado español.
  • Deseño da estratexia da asociación, coordinación das solicitudes de axudas públicas e  participación en programas.

Coñece máis sobre este grupo 

GRUPO DE ARTES ESCÉNICAS

O obxectivo deste grupo é facilitar a recuperación de formas de teatro de títeres tradicionais no  panorama galego dos monicreques así como a súa integración en calquera outra forma de proxecto  escénico e artístico.

  • Para isto desenvolve accións nos seguintes campos:
  • Produción, desde a propia asociación, de espectáculos que recuperan formas de  teatro e de títeres populares e tradicionais.
  • Elaboración do programa do festival Titiriberia e doutras propostas de artes  escénicas da asociación.
  • Seguimento da situación escénica e titiriteira do país e mantemento de  contactos con profesionais desta arte, a procurar a difusión do legado do títere  tradicional.
  • Asesoramento sobre títeres tradicionais e o legado galego de Barriga Verde para  todo tipo de proxectos escénicos alleos á asociación, con vistas a procurar unha  axeitada integración e representación deste patrimonio escénico.
  • Representación da AC Morreu o Demo en foros escénicos e de investigación,  medios de comunicación e outros espazos en todo o que se refira ao títere  tradicional.

Coñece máis sobre este grupo 

GRUPO DE AUDIOVISUAIS

O obxectivo desde grupo é desenvolver os produtos audiovisuais da asociación, en particular  á hora de facilitar de accesibilidade e a divulgación dos proxectos da mesma e na gravación de  entrevistas e produtos documentais sobre a memoria e o patrimonio do títere tradicional. Para isto desenvolve as seguintes actividades:

  • Gravación, edición e difusión de entrevistas, en colaboración co grupo de  memoria, sobre o títere tradicional, o mundo das feiras e as artes escénicas e  entretementos populares.
  • Rexistro das actividades do festival Titiriberia, en particular da Mesa Redonda  Publicación nas redes deste vídeos.
  • Elaboración de vídeos didácticos sobre o títere tradicional, en particular nos  proxectos “Títeres no salón” e “Títeres no confinamento”

Coñece máis sobre este grupo 

GRUPO DE EDICIÓN E COMUNICACIÓN

O obxectivo deste grupo é divulgar o patrimonio titiriteiro e as propias actividades da AC Morreu  o Demo entre a poboación xeral, o ámbito académico e o espazo profesional dos títeres mediante a  edición, física ou electrónica de libros, exposicións, webs e outros contidos, así como a creación de  imaxes gráficas para a mesma e as súas diferentes liñas de traballo.

  • Para isto desenvolve accións nos seguintes campos:
  • Elaboración e edición, desde a propia asociación, de libros, folletos, exposicións  e contidos web e multimedia sobre Barriga Verde, o teatro e os títeres populares  e tradicionais.
  • Elaboración da imaxe e textos do programa do festival Titiriberia e doutras  propostas de artes escénicas da asociación.
  • Xestión e seguimento dos traballos de impresión vencellados aos proxectos da  Ac Morreu o Demo
  • Deseño e elaboración do web da Asociación e doutros webs específicos das  actividades.
  • Xestión e asesoramento de edicións sobre Barriga Verde e o títere tradicional  con outras empresas e colectivos.
  • Elaboración de contidos e deseño de exposicións da asociación.

Coñece máis sobre este grupo