E chegan as actividades a Compostela!

xogos-05 xogos-04

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como non podía ser doutro xeito, a exposición Barriga Verde, de feira en feira achega un programa de actividades paralelas durante a súa parada no Museo do Pobo Galego.

Así, tal e como anuncian desde o Museo,  esta mesma semana comezan as visitas teatralizadas para escolares de Segundo Ciclo de Infantil (os xoves de novembro e decembro). Nas mesmas, achegaranse os contidos da mostra aos máis cativos, acompañados de sinxelos sketches no teatriño.

Ademais, desenvolveranse polas mañás visitas comentadas para o Terceiro Ciclo de Primaria (tanto unhas como outras reserva previa). Información e reservas no Departamento de Educación e Acción Cultural, do Museo do Pobo: 981583620.

O xoves 11 de decembro terá lugar unha proxección do documental Morreu o demo, acabouse a peseta, dirixido por Pedro Solla

Para o vindeiro 20 de decembro, as familias terán a ocasión de asistir a un obradoiro de creación e manipulación de títeres.

 

E en xaneiro, como remate, desenvolverase unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres!

xogos-01

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E, como non, lembrade que podedes practicar en calquera momento a avosa puntería no pimpampum, xogar ao péndulo e a rá ou practicar as vosas capacidades no teatriño. Que non se diga que faltan actividades!

Seguiremos informando…