Categoría: Barraca

Este é o noso teatriño móbil, co que percorremos feiras e festas, redes e o universo todo, ao uso das vellas familias titiriteiras. O pórtico do noso pabillón amosa as nosas actividades para que non te perdas nada do que estamos a facer dentro do Proxecto Barriga Verde.

Barriga Verde en 2017

O ano 2017 estivo marcado en grande medida pola proxección internacional do nos títere internacional favorito. Dentro das actividades nesta liña, é de destacar a presenza en diferentes festivais ibéricos e internacionais e mais...

Featured Video Play Icon

Títeres: O patrimonio esquecido

Subimos á rede o vídeo íntegro da mesa redonda Títere: O patrimonio esquecido.  Un encontro no que, moderados por Germám Ermida,  varios especialistas debateron sobre a problemática consideración dos espectáculos de bonecos tradicionais como patrimonio....

Acabou o Titiriberia

A Feira de Francos foi todo un éxito para a segunda edición do Titiriberia. A barraca sempre chea, e máis funcións que houbese, amosan como o este espazo continúa a ser un lugar propicio...

Barriga Verde vai de feira… a Sevilla!

A 37 Edición da Feira Internacional do Títere de Sevilla, un dos principais encontros a nivel ibérico desta arte, contará con Barriga Verde no seu programa. Títeres Alakrán acode a este evento para representar,...

Sabemos o que fixemos no último ano

Remata un novo ano (e só van 3!!) de traballo na Asociación Cultural Morreu o Demo. Despois do intensísimo traballo que supuxo a xira o pasado ano da exposición Barriga Verde. De feira en...