Barriga Verde entra na RAG

ATENCIÓN, ÚLTIMA HORA: MANUEL LOURENZO ASISTIRÁ AO ENCONTRO sobre Barriga Verde na RAG!! Agradecemos o seu inmenso o interese que vai permitir un interesante debate a tres sobre os títeres na postguerra. Gravaremos a xuntanza e agardamos poder ofrecela en breve na nosa canle de Youtube para quen non poida achegarse.

Por vez primeira, Barriga Verde chega á Real Academia Galega. A nosa compañeira Comba Campoy achégase á sede da institución na Coruña este 26 de marzo para presentar o seu libro Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde. A autora conversará co dramaturgo e actor Manuel Lourenzo Santi Prego (por problemas de última hora) sobre o mundo das feiras e as formas teatrais populares. O acto contará tamén coa presenza do xornalista Raimundo García, fillo de Raimundo García Borobó, que nos seus tempos foi un acérrimo defensor na súa época do traballo de José Silvent cos bonecos, a consideralo un auténtico artista e creador.

Precisamente foi Borobó quen, un artigo no xornal La Noche defendía que o titiriteiro tiña méritos abondos como para ser recoñecido como membro correspondente pola RAG. O seu labor a prol da cultura popular e do teatro, así como o traballo pola da lingua galega, ao desenvolver o seus espectáculos sempre no noso idioma, supuñan para o xornalismo motivos sobrados para o recoñecemento da Academia.

(O artigo, “Atlas en el Toral” está dispoñible dixitalizado en Galiciana)

Achegamos pois a Barriga Verde á RAG, ademais de coa presentación desta obra, cunha pequena exposición das pezas orixinais que empregaba José Silvent no seu espectáculo. O noso compañeiro Anxo García, de Viravolta Títeres, amosará estes bonecos que fan parte da exposición Barriga Verde. De feira en feira, e que se poden ver en depósito no Museo Galego da Marioneta de Lalín. Como sempre, cómpre agradecer á familia de Alfonso Silvent a súa colaboración imprescindible para dar a coñecer este patrimonio único.