Barriga Verde en Lérez

En febreiro de 2012 inaugurouse a nova Casa da Cultura de Lérez, tras moitos anos de traballo por parte dos veciños e veciñas desta parroquia pontevedresa. Para celebralo, organizaron unha actuación do espectáculo de títeres que a compañía Viravolta creou inspirándose en Barriga Verde, unha figura moi querida no lugar, dado que José Silvent, o seu creador, viviu a maior parte da súa vida alí. Desde TINTIMÁN quixemos aproveitar a ocasión para falar con algúns veciños e veciñas e preguntarlles sobre as súas lembranzas do monicreque. Eis o que nos contaron.