Barriga Verde, de feira en feira en liña!

Print
Para que ninguén fique sen coñecer a exposición, e facer accesibles os seus contidos sen límites de tempo nin de espazo, publicamos a versión dixital de Barriga Verde, de feira en feira.

A historia dos títeres europeos, a evolución das feiras a parentela de Barriga Verde, a vida dos feirantes e moitas cousas máis explicadas e ilustradas con todo detalle nesta produción histórica da AC Morreu o Demo.

Agora, non esquezas que na versión real podes interactuar co teatriño de títeres, cos xogos da feiras ou co posto do fotógrafo de a minuto, e ver o feitío real dos títeres europeos e, por vez primeira, os xogos de bonecos auténticos que os Silvent empregaban nos seus espectáculos, entre outras pezas orixinais… Non o perdas.

Accede aos  contidos da mostra