Morreu o Demo, acabouse a peseta. Libro-DVD

funda-dvd-exterior

Morreu o demo, acabouse a peseta

Varios autores
Nº DE PÁXINAS: 64
FORMATO: 140 x 140 mm
ISBN: 978-84-940366-4-4
PREZO: 12 €
Con esta frase remataban os espectáculos do último títere tradicional galego. O seu nome,Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no esquecemento.
Para evitalo, distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación únense no Proxecto Barriga Verde co que recuperar o patrimonio titiriteiro galego e poñelo en relación coa estirpe europea dos Polichinelas.
Este libro-DVD é un primeiro achegamento a este mundo, onde os textos complementan as imaxes do documental no que Barriga Verde e os seus parentes europeos cobran vida.
Inclúe un mapa coa árbore xenealóxica da familia de títeres europeos.
En coedición con Urco Editora.

Mércao no web de Urco Editora